‘Moncho do Orzán’

Moncho do Orzán – Xeitosiña (Adolfo Anta Seoane)

Descrición do vídeo Moncho do Orzán interpreta á gaita a muiñeira Xeitosiña, composta polo músico, investigador e recompilador Adolfo Anta Seoane, que fora director de Cántigas da Terra. Datos do vídeo Moncho do OrzánMúsico e arquiveiro de Cántigas da TerraGravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña16 de decembro de 2017

Moncho do Orzán – Os arquivos, as institucións e a pervivencia das asociacións

Descrición do vídeo Para Moncho do Orzán é importante difundir os arquivos, pero tamén garantir a súa pervivencia e a das propias asociacións. As subvencións poden ser “un apoio a maiores”, pero na súa opinión “non deben ser o sustento principal das entidades”. Para o arquiveiro, a implicación da sociedade é vital neste proceso. Datos […] Read more

Moncho do Orzán – Cántigas da Terra durante e despois do franquismo

Descrición do vídeo O franquismo rachou coa dinámica que o coro puxera en marcha desde os seus inicios. Cántigas da Terra perviviu, navigando entre unha relativa independencia e unha inevitable asimilación ao longo de catro décadas nas que tamén houbo grandes éxitos en forma de gravacións e se estableceron conexións con outras culturas como a […] Read more

Moncho do Orzán – Os comezos de Cántigas da Terra: Irmandades e República

Descrición do vídeo O arquiveiro de Cántigas da Terra narra as orixes do coro, cunha participación relevante de membros das Irmandades da Fala da Coruña. Aquela proposta non era só musical, senón que tamén englobaba ámbitos como o teatro e a poesía en clave de país. Moncho do Orzán tamén mostra a relación entre Cántigas […] Read more

Moncho do Orzán – As recollidas na Coruña no inicio do s. XX

Descrición do vídeo Moncho do Orzán explica como os folcloristas de inicios do século XX recollían e recompilaban as pezas da música popular. No caso coruñés é esencial o Campo da Leña, lugar onde se celebraban as feiras e chegaba a xente das aldeas. O arquiveiro do coro tamén mostra a partitura do Alalá de […] Read more

Moncho do Orzán – O nacemento do folclore no XIX

Descrición do vídeo Moncho do Orzán relata o papel dos primeiros folcloristas á hora de recuperar a música popular e dar impulso aos primeiros orfeóns e coros urbanos, como é o caso de Aires da Terra, en Pontevedra, ou, posteriormente, de Cántigas da Terra na Coruña. Datos do vídeo Moncho do OrzánMúsico e arquiveiro de […] Read more