‘carme da pontraga’

Carme e Elvira – Machismo e papel da muller no ensino de baile

Descrición do vídeo Carme e Elvira contan a súa experiencia como mulleres no ámbito da música tradicional. Para Carme, comezar a recoller ás persoas máis vellas foi unha revelación, ao encontrar mulleres sacando punto e bailando unhas coas outras, algo que tamén a axudou como mestra. Pola súa banda, Elvira lembra como sendo nena, “bailar […] Read more

Carme e Uxía da Pontragha – Muiñeira de Zabuceda

Descrición do vídeo Carme e Uxía interpretan unha muiñeira de Zabuceda, lugar da parroquia de Morlán, en Trazo, acompañadas de súa avoa Elvira. Datos do vídeo Carme Iglesias e Uxía Iglesias, bailadoras e tocadoras Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia 8 de decembro de 2017

Carme e Uxía da Pontragha – Pateado de Zabuceda

Descrición do vídeo Carme e Uxía tocan un pateado recollido no lugar de Zabuceda, parroquia de Morlán, en Trazo, acompañadas de súa avoa Elvira. Datos do vídeo Carme Iglesias e Uxía Iglesias, bailadoras e tocadoras Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia 8 de decembro de 2017

Carme e Elvira – Asociacionismo no rural

Descrición do vídeo Carme narra como o nacemento da A.C. Brisas do Quenllo revitalizou a parroquia. A partir da asociación recuperáronse as festas e reconectáronse as persoas, un traballo que considera “moi necesario” nun rural “desarticulado”. “As asociacións en zonas rurais fan moita falta”, remarca. div> Datos do vídeo Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta […] Read more

Carme e Elvira – Achegamento ao baile e primeiras recollidas

Descrición do vídeo Carme explica como foron os seus inicios no baile, moi influída polo traballo da Sección Femenina, e de que xeito cambiou a súa forma de velo unha vez que comezou a facer recollidas cos vellos da zona. Para ela, a sorte que tivo a súa xeración foi poder aprender da escola e […] Read more

Carme e Elvira – A cadea de transmisión na música

Descrición do vídeo Elvira e Carme explican de que xeito rompeu a cadea de transmisión da música e do baile, tanto na súa familia como na parroquia en xeral. O fío rompeu especialmente na xeración que se sitúa entre elas, moi afectada pola emigración, e logo volveuse unir a partir do traballo das netas. “Desde […] Read more

Carme e Elvira – Nesta casa cantamos todas

Descrición do vídeo “Nesta casa cantamos todas, desde eu que son a máis vella ata Uxía que é a máis nova”, explica Elvira. Carme conta como descubriu que súa avoa Elvira era cantadora e bailadora unha vez que comezou a recoller pezas e bailes coa súa irmá, sendo xa mozas. Datos do vídeo Carme Iglesias, […] Read more

Carme e Elvira – As ruadas de antes e as de agora

Descrición do vídeo Elvira fala das ruadas de antes, que non tiñan “nada que ver” coas de agora. “A xente estaba moito máis unida, aínda que eran máis pobres”, conta. Datos do vídeo Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, […] Read more

Carme e Elvira – Ensinar e aprender das persoas vellas

Descrición do vídeo Na A.C. Brisas do Quenllo, na Pontraga, xuntouse alumnado de todas as idades. Tamén moitas persoas vellas, que aínda que xa bailaban de mozas se sentiron ben aprendendo das rapazas máis novas, como Carme. Para Elvira, “aprender a tratar a xente é tan importante como aprender a bailar”. Datos do vídeo Carme […] Read more