‘arquivos’

Tiago Pereira – A democratización da música

Descrición do vídeo Tiago fala da importancia de democratizar a música, de sacala da academia e facela accesible a todo o mundo. Considera que é moi importante que todas as persoas teñan acceso á música e que poidan utilizala e crear a partir da mesma. Datos do vídeo Tiago Pereira, realizador portuguésGravado no Couto Misto […] Read more

Tiago Pereira – A democratización da música en Galicia

Descrición do vídeo Tiago fala do que hai que facer en Galicia para democratizar a música tradicional. A raiz da súa experiencia gravando aquí, co proxecto Nao lugar, considera que é fundamental rexistrar ás máis vellas e facer os arquivos públicos. Considera que en Galicia xa hai unha industria importante vinculada coa música tradicional pero, […] Read more

Xulia e Guillerme – A situación dos arquivos na divulgación e na investigación

Datos do vídeo Guillerme considera que a Administración se debe facer cargo dos arquivos privados de gravacións de música tradicional para garantir a súa preservación. “Hai que establecer un sistema atractivo para que os compiladores cedan o seu material e estea a disposición de todos”, explica. Xulia, pola súa parte, achega un punto de vista […] Read more

Mai, 28, 2017

0

Ariel Ninas – Que facer cos arquivos de gravacións?

Descrición do vídeo Ariel Ninas reivindica que os arquivos de recollidas sexan públicos e destaca a dificultade de que isto aconteza sen un apoio institucional, mais reivindica o apoio do colectivo para conseguilo. Datos do vídeo Ariel Ninas (Mauro Sanín)Músico, investigador e mestre na aCentral FolqueGravado no parque da Finca do Espiño, en Santiago de […] Read more

Mai, 07, 2017

0

Moncho do Orzán – Os arquivos, as institucións e a pervivencia das asociacións

Descrición do vídeo Para Moncho do Orzán é importante difundir os arquivos, pero tamén garantir a súa pervivencia e a das propias asociacións. As subvencións poden ser “un apoio a maiores”, pero na súa opinión “non deben ser o sustento principal das entidades”. Para o arquiveiro, a implicación da sociedade é vital neste proceso. Datos […] Read more

Pablo Carpintero- Sobre os arquivos

Descrición do vídeo A música que unha persoa grava nunha recollida non é dela, ou esa é a opinión de Pablo Carpintero. Non obstante, explica, quen fixo recollidas en Galicia invertiu o seu tempo e os seus cartos nesta tarefa. E para Carpintero é importante que a súa labor se vexa recompensada. Non sabe como […] Read more

Mar, 26, 2017

0

Pablo Carpintero- O factor emocional das recollidas

Descrición do vídeo Parece que o fundamental á hora de realizar unha recollida e gravar “todo ese repertorio que se vai perder”. Carpintero quere destacar que, ainda que “sone moi romántico”, o máis importante é a relación que construímos coas informantes. Non é só a melodía, “na musicoloxía entendeuse que se un quería darse conta […] Read more

Xurxo Fernandes – Deberían estar en aberto os arquivos de gravacións privadas?

Descrición do vídeo Fernandes opina que debería haber un compromiso por parte da Administración para falar coas persoas que -de forma voluntaria e cos seus cartos- se dedicaron a gravar música tradicional, co obxectivo de que eses arquivos privados sexan catalogados e publicados. Non obstante, considera que as persoas que fixeron as recollidas non as […] Read more

Mar, 04, 2017

0

Richi Casás – Os arquivos, patrimonio dos galegos

Descrición do vídeo Richi Casás explica a súa visión acerca dos arquivos de música tradicional. Para o músico coruñés, todo o material que foi recollido aos informantes durante décadas é un patrimonio dos galegos, non da persoa que foi recoller. Richi considera que corresponde a un organismo público consensuar e organizar este traballo; unha riqueza […] Read more

Feb, 20, 2017

0

As Chispas De Compostela – Aprender coas recollidas

Descrición do vídeo Sendo pequenas, cos seus mestres e coa asociación á que pertencen, Iria e Cristina fixeron distintas recollidas por Galicia: cos Rosales ou en Avión, por exemplo. Ademais as recollidas están presentes nas aulas ás que asisten, a través delas aprenden distintos xeitos de tocar ou bailar. Datos do vídeo Iria Portos Conde […] Read more

1 2