‘aprendizaxe e transmisión’

Álex Ínsua- Comezos e aprendizaxe

Descrición do vídeo Cando Álex era pequeno no seu pobo só había dúas opcións: “ou baile ou fútbol”. Da man da asociación Xiradela deu os seus primeiros pasos no baile e na música. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, recompilador e mestreGravado no Museo de Belas Artes da Coruña16 de decembro de 2016

Álex Ínsua- Placeres de Gargamala

Descrición do vídeo Despois de moitos anos de facer recollidas e falar con informantes hai momentos que quedan gravados na memoria. Para Álex Ínsua un deles leva o nome de Placeres de Gargamala, unha señora que coñeceu fai anos e de cuxo canto sempre se lembrará. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, compilador e mestreGravado […] Read more

Álex Ínsua- Aulas, actuacións e seráns

Descrición do vídeo Na actualidade ofértanse aulas de baile e música tradicionais con distintos enfoques didácticos. Álex Ínsua reflexiona sobre a ensinanza e os obxectivos que se marcan nas aulas. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, recompilador e mestreGravado no Museo de Belas Artes da Coruña16 de decembro de 2016

Pandeireteiras das Encrobas – As orixes da agrupación

Descrición do vídeo Practicamente todas as integrantes da agrupación se iniciaron na pandeireta nos últimos anos, grazas ás aulas que oferta a asociación que elas mesmas constituíron. As tocadoras explican as súas experiencias particulares: que foi o que as levou a coller o instrumento, como foi o primeiro contacto e que é o que as […] Read more

Tiago Pereira – A democratización da música

Descrición do vídeo Tiago fala da importancia de democratizar a música, de sacala da academia e facela accesible a todo o mundo. Considera que é moi importante que todas as persoas teñan acceso á música e que poidan utilizala e crear a partir da mesma. Datos do vídeo Tiago Pereira, realizador portuguésGravado no Couto Misto […] Read more

Tiago Pereira – Os cordofones na Madeira

Descrición do vídeo Partindo de que en Portugal non hai tradición de ensino de música tradicional, Tiago Pereira explica o exemplo dos cordofones na Madeira. Alí, hai trinta anos, comezouse a ensinar a tocar os cordofones. O restultado é que a día de hoxe, as persoas máis novas, compoñen para os cordofones. Datos do vídeo […] Read more

Tiago Pereira – Combater xerarquías na música

Descrición do vídeo Tiago fala dunha das ideas principais do proxecto MPAGDP: ter todos os contidos á par. Xuntar os grupos pop e coñecidos coas músicas do rural para que, por contaminación, todas as persoas chegasen a elas. Á vez, isto encaixa coa súa visión de combater xerarquías na música e coa intención de gravar […] Read more

Tiago Pereira – A democratización da música en Galicia

Descrición do vídeo Tiago fala do que hai que facer en Galicia para democratizar a música tradicional. A raiz da súa experiencia gravando aquí, co proxecto Nao lugar, considera que é fundamental rexistrar ás máis vellas e facer os arquivos públicos. Considera que en Galicia xa hai unha industria importante vinculada coa música tradicional pero, […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- Ensinar ás netas

Descrición do vídeo Basilisa foi quen convenceu á súa neta para que se apuntase a clases de baile e de pandeireta, ademais apréndella algunha copla aínda que non se adecúen a como tocan nas clases. Jesús, pola súa banda, convenceu á súa filla de que levase ao neto a que aprendese a bailar. Datos do […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- As clases

Descrición do vídeo Despois de pechar o restaurante e vender o barco que tiñan ela e seu home Basilisa comezou a ir a clases, nalgunhas das cales coincidía con Jesús. “Baile regional, bailes de salóns, manualidades, pandeireta”…un pouco de todo. Datos do vídeo Teresa “dos Cucos” Reigía, Basilisa Romai Chouciño e Jesús Suárez OurenseTocadoras, informantes […] Read more

1 2 3 4 5 6