‘a tradición (mudanzas)’

Pandeireteiras de Encrobas – Troulear, mocear, asuar

Descrición do vídeo Moitas das pandeireteiras das Encrobas lembran as celebracións que tiñan lugar na parroquia durante a súa infancia, nas que a música tradicional era un elemento central da festa. Xa fose nas fías ou nos días de mocear, pandeiretas e asúos resoaban toda a noite nos montes e nos vales das Encrobas. Datos […] Read more

Pandeireteiras das Encrobas – Recuperando coplas e compoñendo

Descrición do vídeo A señora Rosa é unha das mulleres da agrupación que toca a pandeireta desde nena. Grazas a ela puideron ser recuperadas moitas das pezas que daquela resoaban nas festas e que durante décadas deixaron de ser cantadas. Hoxe, varias delas forman parte do repertorio destas pandereteiras. Porén, elas tamén conectan coa tradición […] Read more

Tiago Pereira – Que é a música portuguesa? Que é a tradición?

Descrición do vídeo Falando sobre a tradición e o seu traballoTiago apunta cara dúas cuestións: non sabe o que é a música portuguesa e non sabe o que é tradicion. Cada vez máis, percibe a tradición como un simulacro ou como marketing para vender. A partir disto, reflexiona sobre o que grava coa MPAGDP, sobre […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- Ensinar ás netas

Descrición do vídeo Basilisa foi quen convenceu á súa neta para que se apuntase a clases de baile e de pandeireta, ademais apréndella algunha copla aínda que non se adecúen a como tocan nas clases. Jesús, pola súa banda, convenceu á súa filla de que levase ao neto a que aprendese a bailar. Datos do […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- Cantábase máis antes?

Descrición do vídeo Teresa e Jesús lembran aos mozos que pasaban pola noite preto das súas ventás, aos que distinguían pola voz. Andaban a chamar pola mocidade da súa zona, aghruando, e esta xuntábase nas tabernas para cantar. Dende pequena Teresa aprendeu así todas as coplas que aínda garda na memoria. Datos do vídeo Teresa […] Read more

Xulia e Guillerme – O estudo do pandeiro

Descrición do vídeo Xulia fala do seu traballo de fin de grao no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no que investigou o repertorio acompañado de pandeiro cadrado. “Como percusionista profesional, o pandeiro cadrado pareceume moi atractivo porque as tocadoras teñen uns recursos técnicos moi interesantes”, explica. O instrumento, moi minoritario na actualidade en comparación […] Read more

Sara García – Que significou volver a tocar?

Descrición do vídeo Despois de todos os anos sen tocar, Sara fai unha valoración do que supuxo para ela volver a facelo. Por unha parte, foi positivo e gustoulle retomar esta actividade, porque tamén é un xeito de estar cos fillos. Mais, por outro, sinte que xa non é capaz de aprender o xeito de […] Read more

Moncho do Orzán – O material e o inmaterial

Descrición do vídeo Hai dúas partes en toda cultura: material e inmaterial. Moncho do Orzán di que “non nos decubre nada” con esta afirmación, mais intenta explicarnos que engloba cada una destas partes en Galicia. Datos do vídeo Moncho do OrzánMúsico e arquiveiro de Cántigas da TerraGravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña16 […] Read more

Abr, 09, 2017

1

Moncho do Orzán- A escaseza de repertorio

Descrición do vídeo Para Moncho do Orzán hai en Galicia “moitísima xente que sabe prácticamente o mesmo repertorio”. Quedan fora cantos, puntos, coplas que non entran na nosa aprendizaxe e que, desgraciadamente, se poden rematar perdendo. Datos do vídeo Moncho do OrzánMúsico e arquiveiro de Cántigas da TerraGravada no local de Cántigas da Terra, A […] Read more

Abr, 09, 2017

0

Moncho do Orzán – O papel dos escenarios e das foliadas

Descrición do vídeo Sabiades que xa nos anos 20 Cántigas da Terra decidiu non acudir a ningún concurso? Moncho do Orzán analiza o papel dos escenarios, que segundo el contribuíron a profesionalizar a nosa música. Para el o escenario non debe estar reñido coa foliada ou co canto de taberna, coexistindo tanto no urbano coma […] Read more

1 2 3