Richi Casás – Xota da Vila da Igrexa (Cerceda) ou Xota 104W

Descrición do vídeo

Richi Casás canta a Xota da Vila da Igrexa de Cerceda, recollida pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth a súa avoa e súa tía, Rosa e Adolfina Casás. A peza figura no cancioneiro de Dorothé Schubart co título de Xota 104W.
O propio Richi construíu o pandeiro que acompaña a peza utilizando materiais reciclados.

Datos do vídeo

Richi Casás
Gaiteiro, percusionista e saxofonista con grao superior no conservatorio de jazz da Coruña
Gravado no apeadeiro da Vila da Igrexa, Cerceda
31 de xaneiro de 2017

Feb, 20, 2017

0