Xurxo Fernandes – Perspectiva de xénero no ensino de baile tradicional

Descrición do vídeo

Fernandes fala da súa experiencia co xénero nas aulas de baile tradicional. En Teixeiro, onde ten un grupo de rapaces, optou por non dividilos entre nenos e nenas para non remarcar a diferenciación social. Iso, non obstante, implica “certos problemas”, como a vestimenta ou a variedade de movementos, todo iso baixo a presión do escaso tempo das clases e os obxectivos do grupo. Tamén explica que, durante as súas recollidas, viu exemplos que se saen do modelo, como homes bailando con homes ou mulleres sacando punto.

Datos do vídeo

Xurxo Fernandes
Músico, investigador e mestre de música e baile tradicional en varias asociacións
Gravado na Librería Sisargas, A Coruña
10 de novembro de 2016

Mar, 04, 2017

0