Xurxo Fernandes – Inicios na música tradicional

Descrición do vídeo

Xurxo explica que os seus inicios no ámbito do tradicional se deberon a unha “inquietude lingüística”: a dialectoloxía. Así foi como comezou a gravar a xente maior, ata que chegou ao mundo da pandeireta a través da coñecida Tía María de Silván (Erbecedo, Coristanco).

Datos do vídeo

Xurxo Fernandes
Músico, investigador e mestre de música e baile tradicional en varias asociacións
Gravado na Librería Sisargas, A Coruña
10 de novembro de 2016