Xurxo Fernandes – Hai que traducir as coplas en castelán?

Descrición do vídeo

Fernandes considera que as escolas de música tradicional deberían poñer enriba da mesa todas as coplas, sexan en galego ou en castelán, e despois escoller segundo o tipo de proxecto que se busque realizar, e lanza unha reflexión: ¿Que é máis galega, unha copla con léxico en galego pero construción española, ou unha copla con construción galega pero cantada en español? Ademais, Xurxo cre que a maioría das coplas en castelán dentro da tradición galega veñen de fóra. “Son menos interesantes por iso cando pode ser que na orixe desapareceran?”, pregúntase.

Datos do vídeo

Xurxo Fernandes
Músico, investigador e mestre de música e baile tradicional en varias asociacións
Gravado na Librería Sisargas, A Coruña
10 de novembro de 2016