Xurxo Fernandes – Aprender para actuar ou aprender para ir a foliadas?

Descrición do vídeo

Xurxo explica que o modelo de ensino coreografiado, malia ser o que mantivo a tradición durante moitos anos, é un modelo “ríxido” e puido afastar a moita xente do baile e a música tradicional, xa que o seu obxectivo principal non era ensinar a bailar, senón preparar os alumnos para unha representación. Xurxo indica, non obstante, que nas clases para foliadas (que se multiplicaron nos últimos anos) non hai o compromiso e a dedicación necesarias para que haxa unhas representacións de calidade. Por iso opina que ambos modelos deben coexistir.

Datos do vídeo

Xurxo Fernandes
Músico, investigador e mestre de música e baile tradicional en varias asociacións
Gravado na Librería Sisargas, A Coruña
10 de novembro de 2016