Xurxo Fernandes – A ruptura da transmisión oral

Descrición do vídeo

A ruptura da transmisión oral orixinou casos como os de fillos que non saben que as súas nais ou avoas son tocadoras, mesmo aínda que eles toquen e bailen, ou episodios “máis desagradables” como o de fillos que o saben e senten vergoña. Xurxo aposta por estudar a tradición galega en dous tramos, diferenciando entre o antes e o despois desta ruptura.

Datos do vídeo

Xurxo Fernandes
Músico, investigador e mestre de música e baile tradicional en varias asociacións
Gravado na Librería Sisargas, A Coruña
10 de novembro de 2016