Xulia e Guillerme – A revolución do folk, os seráns e os cantos de taberna

Datos do vídeo

Guillerme, que foi músico da banda Quempallou, analiza o movemento dos grupos de folk tocando para o baile como “unha revolución paralela” á dos seráns. Este auxe dos seráns e dos cantos de taberna tamén foron claves para dar lugar a outra revolución no ámbito do ensino, a das aulas pensadas para aprender e desfrutar en festas e ruadas.

Descrición do vídeo

Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional
Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto
Gravado na súa casa de Cela, Bueu
29 de abril de 2017