Xulia e Guillerme – Primeiros pasos na música

Descrición do vídeo

Xulia comezou vinculada á percusión clásica ata que con 15 anos foi convidada a participar nunha agrupación folk. “Caín na marmita e non puiden saír máis”, relata. Guillerme comezou de maneira autodidacta, xa que na súa casa se escoitaba “moita música folk”, ata que con 15 anos se uniu a unha banda de gaitas.

Datos do vídeo

Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional
Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto
Gravado na súa casa de Cela, Bueu
29 de abril de 2017