Xulia e Guillerme – O estudo do pandeiro

Descrición do vídeo

Xulia fala do seu traballo de fin de grao no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no que investigou o repertorio acompañado de pandeiro cadrado. “Como percusionista profesional, o pandeiro cadrado pareceume moi atractivo porque as tocadoras teñen uns recursos técnicos moi interesantes”, explica. O instrumento, moi minoritario na actualidade en comparación coa pandeireta, chegou a estar moi estendido na xeografía galega.

Datos do vídeo

Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional
Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto
Gravado na súa casa de Cela, Bueu
29 de abril de 2017