Xulia e Guillerme – Ensinando valores

Datos do vídeo

“Teño moi claro que cando ensinamos música tradicional temos que ser moi conscientes de que non ensinamos negras e corcheas[…], creo que ese é o erro de moita xente que se dedica a iso”. Así explica Xulia a súa visión do ensino de música tradicional.

Descrición do vídeo

Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional
Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto
Gravado na súa casa de Cela, Bueu
29 de abril de 2017