‘Arredor da Tradición’ é un proxecto de compilación, investigación e divulgación da música galega de tradición oral iniciado por Xulia e Guillerme a finais de 2016. A iniciativa pretende artellar un discurso a partir das figuras da compiladora, a investigadora e a informante, e busca o xeito de “resocializar” a música tradicional na sociedade contemporánea.
Descrición do vídeo
Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto Gravado na súa casa de Cela, Bueu 29 de abril de 2017
0