Xulia e Guillerme – A música tradicional e o ensino regrado

Datos do vídeo

Xulia explica os motivos polos que o ensino regrado pode ser “moi limitante” á hora de abordar a música tradicional, para a que a improvisación é parte esencial “tanto a nivel melódico como a nivel rítmico”. Condensar todo nun papel e nunha volta concreta non se corresponde co sistema que utiliza a tradición.

Descrición do vídeo

Xulia Feixóo, etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional
Guillerme Ignacio Costa, compilador e mestre de pandeireta e canto
Gravado na súa casa de Cela, Bueu
29 de abril de 2017