Tiago Pereira – Que é a música portuguesa? Que é a tradición?

Descrición do vídeo

Falando sobre a tradición e o seu traballoTiago apunta cara dúas cuestións: non sabe o que é a música portuguesa e non sabe o que é tradicion. Cada vez máis, percibe a tradición como un simulacro ou como marketing para vender. A partir disto, reflexiona sobre o que grava coa MPAGDP, sobre como as persoas proxectan o que cren que é tradicional para seren gravadas.

Datos do vídeo

Tiago Pereira, realizador portugués
Gravado no Couto Misto (Santiago de Compostela)
21 de outubro de 2016