Sara García – O remudo

Descrición do vídeo

Sara fala do remudo, de cando os homes sacaban as mulleres a bailar e estas non se podían negar. “Do remudo non te podías privar”. Facelo supoñía buscarlle problemas á túa familia. Algunhas veces inventaban que tiñan un pé mal ou facían que os tocadores acabaran antes para non ter que bailar con quen non querían.

Datos do vídeo

Sara García González
Tocadora e informante
Gravada no local da Asociación de veciños “Casco Histórico” de Santiago de Compostela
12 de xaneiro de 2017

Mai, 21, 2017

0