Sara García – Como comezou e como deixou de tocar?

Datos do vídeo

Sara conta como comezou a ir ás ruadas na súa aldea. Lémbrase de cando era pequena e non lle deixaban ir á ruada e de como aprendeu a tocar a pandeireta no sombreiro coas súas amigas. As pandeiretas tíñanas as rapazas que facían as ruadas e que tiñan que ter moito coidado de que non viñesen os da aldea do lado romperllas. Cando marchou coa súa familia para Santiago deixou de tocar ata hai poucos anos.

Descrición do vídeo

Sara García González
Tocadora e informante
Gravada no local da Asociación de veciños “Casco Histórico” de Santiago de Compostela
12 de xaneiro de 2017