Richi Casás – A tradición e o xénero nos tempos de hoxe

Datos do vídeo

“Non temos por que coller todo o que nos deixaron, collemos o que nos interesa e que nos serve hoxe”. Así explica Richi Casás a súa visión sobre a tradición e o xénero na nosa música. O saxofonista considera que ademais dos músicos que representan a tradición desde un punto de vista etnográfico, ten que haber quen a interprete de acordo cos tempos de hoxe.

Descrición do vídeo

Richi Casás
Gaiteiro, percusionista e saxofonista con grao superior
no conservatorio de jazz da Coruña
Gravado no apeadeiro da Vila da Igrexa, Cerceda
31 de xaneiro de 2017