Richi Casás – Os pandeiros veganos

Descrición do vídeo

Desde que asistiu a un obradoiro na Casa Gasamáns, Richi Casás comezou a construír ‘pandeiros veganos’ utilizando materiais reciclados. Xa ten realizado varios cursos para ensinar a outras persoas a facer este tipo de pandeiros, un modelo que ao seu ver, ademais de ser limpo e barato, vai acorde coas formas e o sentido da música tradicional. Richi tamén os ten incorporado con moito éxito ás súas aulas coa rapazada.

Datos do vídeo

Richi Casás
Gaiteiro, percusionista e saxofonista con grao superior no conservatorio de jazz da Coruña
Gravado no apeadoiro da Vila da Igrexa, Cerceda
31 de xaneiro de 2017