Richi Casás – Novas letras para vellas músicas

Descrición do vídeo

A avoa e máis a tía de Richi Casás, Rosa e Adolfina Casás, eran quen de adaptar ao contexto as letras que cantaban. Improvisaban para relatar acontecementos da aldea, facían denuncia social…

Richi anima a que hoxe en día, as cantadoras e os cantadores se atrevan a crear letras que reflictan os tempos que estamos a vivir, algo que sempre aconteceu na música tradicional e continúa a pasar en tantos outros estilos.

Datos do vídeo

Richi Casás
Gaiteiro, percusionista e saxofonista con grao superior no conservatorio de jazz da Coruña
Gravado no apeadeiro da Vila da Igrexa, Cerceda
31 de xaneiro de 2017

Feb, 20, 2017

0