Pandeireteiras de Encrobas – Troulear, mocear, asuar

Descrición do vídeo

Moitas das pandeireteiras das Encrobas lembran as celebracións que tiñan lugar na parroquia durante a súa infancia, nas que a música tradicional era un elemento central da festa. Xa fose nas fías ou nos días de mocear, pandeiretas e asúos resoaban toda a noite nos montes e nos vales das Encrobas.

Datos do vídeo

Pandeireteiras das Encrobas
Gravado no local social de Pontoxo, As Encrobas (Cerceda)
20 de xuño de 2017