Pandeireteiras de Encrobas – Reconectando Encrobas a través da pandeireta

Descrición do vídeo

A parroquia de Encrobas é coñecida pola resistencia que exerceu durante anos frente á explotación mineira de FENOSA, que levou á expropiación de extensos terreos, especialmente en torno ao val do Barcés. Obrigadas a deixar as súas aldeas de orixe e en moitos casos a emigrar fora de territorio galego, a pandeireta está a ser un elemento de unión e de cohesión enorme para este grupo de mulleres e tamén para o conxunto da parroquia.

Datos do vídeo

Pandeireteiras das Encrobas
Gravado no local social de Pontoxo, As Encrobas (Cerceda)
20 de xuño de 2017

Ago, 20, 2017

0