Pandeireteiras das Encrobas – Recuperando coplas e compoñendo

Descrición do vídeo

A señora Rosa é unha das mulleres da agrupación que toca a pandeireta desde nena. Grazas a ela puideron ser recuperadas moitas das pezas que daquela resoaban nas festas e que durante décadas deixaron de ser cantadas. Hoxe, varias delas forman parte do repertorio destas pandereteiras. Porén, elas tamén conectan coa tradición compoñendo coplas sobre as súas realidades a partir de músicas que coñecen, como podedes comprobar nas pezas que lles recollemos.

Datos do vídeo

Pandeireteiras das Encrobas
Gravado no local social de Pontoxo, As Encrobas (Cerceda)
20 de xuño de 2017