Pandeireteiras das Encrobas – As orixes da agrupación

Descrición do vídeo

Practicamente todas as integrantes da agrupación se iniciaron na pandeireta nos últimos anos, grazas ás aulas que oferta a asociación que elas mesmas constituíron. As tocadoras explican as súas experiencias particulares: que foi o que as levou a coller o instrumento, como foi o primeiro contacto e que é o que as anima a seguir.

Datos do vídeo

Pandereteiras das Encrobas
Gravado no local social de Pontoxo, As Encrobas (Cerceda)
20 de xuño de 2017