Pandeireteiras das Encrobas – A Festa da Pandeireta: dinamizando a parroquia

Descrición do vídeo

Coa súa anterior mestra, María Xosé Silvar ‘Sés’, as pandereteiras das Encrobas comezaron a organizar a Festa da Pandeireta. Desde hai varios anos seguen a facelo da man de Pablo Díaz, o seu actual profesor. O evento, que congrega a un grande número de grupos, especialmente da comarca, celebrou hai uns meses a súa décima edición. A festa goza de boa saúde; mesmo atrae máis público que algunhas das celebracións tradicionais da parroquia.

Datos do vídeo

Pandeireteiras das Encrobas
Gravado no local social de Pontoxo, As Encrobas (Cerceda)
20 de xuño de 2017

Ago, 20, 2017

0