Pandeireteiras de Anxeriz – Transmisión a fillas e netas

Descrición do vídeo

As pandeireteiras de Anxeriz explican que si mandaron ás súas fillas a aprender a bailar con Mercedes Peón, pero cando medraron “non quixeron saber nada máis do baile nin a pandeireta”. “Comprámoslles os traxes, e tan pronto o fixemos, tan pronto os arrebolaron”, asegura Luz Divina. O mesmo aconteceu coas netas.

Datos do vídeo

Dosinda Suárez, Hermosinda Pensado, Celia Suárez, Julia Vázquez, Luz Divina Vázquez, María Rosende
Pandeireteiras e informantes
Gravado no local social de Anxeriz (Tordoia)
29 de setembro de 2016