Pandeireteiras de Anxeriz – De aprender a “compositar”

Descrición do vídeo

Luz Divina explica que as festas nos pallotes coincidían normalmente coa fía do liño, pero que tamén podían ser espontáneas. A xente que se xuntaba era maioritariamente da parroquia, pero ás veces asistían mozos de fóra que tiñan mozas alí. Ao final do vídeo, Julia amosa un candil dos que se utilizaban para alumear as festas e explica que cando algún mozo quería rematar a ruada (“para que non se vise tanto”), dáballe un pao ao candil.

Datos do vídeo

Dosinda Suárez, Hermosinda Pensado, Celia Suárez,Julia Vázquez, Luz Divina Vázquez, María Rosende
Pandeireteiras e informantes
Gravado no local social de Anxeriz (Tordoia)
29 de setembro de 2016