Tocadoras da Pontragha – Preferides as ruadas ou as actuacións?

Descrición do vídeo

A rapazada da A.C. Brisas do Quenllo prefire as ruadas ás actuacións. “Nas ruadas tes máis liberdade”, explica Alberto. O traxe, ademais, supón un problema no verán. Aínda que a Javier válelle todo “con tal de ir de festa”.

Datos do vídeo

Celia Botana, Alberto Ríos, Alba García, Javier Andrade, Uxía Iglesias
Gravado na escola unitaria de Belvís, parroquia de Numide (Tordoia), sede da Asociación Cultural Brisas do Quenllo
11 de marzo de 2017