Pablo Carpintero – Retagarda e vangarda

Descrición do vídeo

Pablo Carpintero fala da evolución da música nos últimos anos, do que supuxo a incoporación de novas xeracións e xeitos de entendela. Considera que hai unha vangarda na música que lle outorga un novo significado e a fai avanzar e unha retagarda, onde se encadra a el mesmo, que lle gustaría manter a música dunha forma máis tradicional.

Datos do vídeo

Pablo Carpintero
Investigador, artesán e músico
Gravado no seu obradoiro de Meixonfrío (Santiago de Compostela)
10 de decembro de 2016