Pablo Carpintero- O factor emocional das recollidas

Descrición do vídeo

Parece que o fundamental á hora de realizar unha recollida e gravar “todo ese repertorio que se vai perder”. Carpintero quere destacar que, ainda que “sone moi romántico”, o máis importante é a relación que construímos coas informantes. Non é só a melodía, “na musicoloxía entendeuse que se un quería darse conta do que era a música dun pobo” debía establecer lazos con este.

Datos do vídeo

Pablo Carpintero
Investigador, artesán e músico
Gravado no seu obradoiro de Meixonfrío (Santiago de Compostela)
10 de decembro de 2016