Pablo Carpintero- Aprender a facer música cos veciños

Descrición do vídeo

A música estase desaprendendo, ou esa é a opinión de Pablo Carpintero. Para o músico e investigador a música actuou sempre como un importante cohesionador social. Segundo el rapazas e rapaces teñen que aprender a facer música en conxunto, tocar e compartir melodías en grupo. Deste xeito aprenderán tamén a transmitir mellor as súas emocións.

Datos do vídeo

Pablo Carpintero
Investigador, artesán e músico
Gravado no seu obradoiro de Meixonfrío (Santiago de Compostela)
10 de decembro de 2016