Moncho do Orzán – Os comezos de Cántigas da Terra: Irmandades e República

Descrición do vídeo

O arquiveiro de Cántigas da Terra narra as orixes do coro, cunha participación relevante de membros das Irmandades da Fala da Coruña. Aquela proposta non era só musical, senón que tamén englobaba ámbitos como o teatro e a poesía en clave de país. Moncho do Orzán tamén mostra a relación entre Cántigas e Cataluña a través do exemplo dunha gravata doada por Lluis Companys en 1934, sendo presidente da Generalitat.

Datos do vídeo

Moncho do Orzán
Músico e arquiveiro de Cántigas da Terra
Gravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña
16 de decembro de 2017