Moncho do Orzán – O papel dos escenarios e das foliadas

Descrición do vídeo

Sabiades que xa nos anos 20 Cántigas da Terra decidiu non acudir a ningún concurso? Moncho do Orzán analiza o papel dos escenarios, que segundo el contribuíron a profesionalizar a nosa música. Para el o escenario non debe estar reñido coa foliada ou co canto de taberna, coexistindo tanto no urbano coma no rural.

Datos do vídeo

Moncho do Orzán
Músico e arquiveiro de Cántigas da Terra
Gravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña
16 de decembro de 2017