Moncho do Orzán – Cántigas da Terra durante e despois do franquismo

Descrición do vídeo

O franquismo rachou coa dinámica que o coro puxera en marcha desde os seus inicios. Cántigas da Terra perviviu, navigando entre unha relativa independencia e unha inevitable asimilación ao longo de catro décadas nas que tamén houbo grandes éxitos en forma de gravacións e se estableceron conexións con outras culturas como a da Bretaña, a través da que Galicia recibe o recoñecemento de “nación celta”. Tras o fin da ditadura, e especialmente desde os 90, en Cántigas houbo un pulo por romper certas inercias e redescubrir as orixes, destapando “o tarro de esencias de antes da guerra”.

Datos do vídeo

Moncho do Orzán
Músico e arquiveiro de Cántigas da Terra
Gravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña
16 de decembro de 2017