Moncho do Orzán – As recollidas na Coruña no inicio do s. XX

Descrición do vídeo

Moncho do Orzán explica como os folcloristas de inicios do século XX recollían e recompilaban as pezas da música popular. No caso coruñés é esencial o Campo da Leña, lugar onde se celebraban as feiras e chegaba a xente das aldeas. O arquiveiro do coro tamén mostra a partitura do Alalá de Loureda (Arteixo), recollida e doada por Anselmo Eiras en 1918 e estreada en decembro de 1924 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Datos do vídeo

Moncho do Orzán
Músico e arquiveiro de Cántigas da Terra
Gravada no local de Cántigas da Terra, A Coruña
16 de decembro de 2017