Eduardo da Arnoba – Transmisión do baile a fillas e netas

Descrición do vídeo

Eduardo explica que as súas fillas aprenderon a bailar co grupo Os Xeitosos de Trazo, pero por motivos laborais remataron deixando o baile anos máis tarde. Os seus netos, igual que o seu fillo, non bailan. “Non se arriman, non é o deles”, lamenta, aínda que asegura que lle gustaría “moito” que o fixeran.

Datos do vídeo

Eduardo Louzao
Bailador e informante
Gravado no galpón da súa casa na Arnoba, Trazo
7 de outubro de 2016