Eduardo da Arnoba – Mudanzas nas festas e a forma de bailar

Descrición do vídeo

Eduardo fala das festas parroquiais que había na súa contorna e compáraas coas actuais. Ademais do tipo de música e os bailes, a maior diferenza que atopa é a perda de unión da veciñanza con respecto a aqueles tempos. “Antes iamos todos andando a Sigüeiro, cantando e aturuxando”, explica. Por último, lembra que na súa parroquia xa non queda xente da súa idade que toque ou baile, e compara a forma de bailar dos novos e os vellos.

Datos do vídeo

Eduardo Louzao
Bailador e informante
Gravado nun galpón na súa casa na Arnoba, Trazo
7 de outubro de 2016