Chus e Carminha – Tradición e xénero

Descrición do vídeo

Chus e Carminha reflexionan sobre como transmitir a tradición e evitar os roles de xénero no baile. Falan sobre como colocar os brazos ou como conservar as diferentes formas de ensinar baile sen caer en diferenciacións marcadas polo xénero de quen baila.

Datos do vídeo

Chus Caramés (Moalde, Silleda) e Carme Campo
(Chíxere, O Porriño)
Bailadoras e mestras de baile na Gentalha do Pichel e Ítaca
Gravadas no Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela
13 de xaneiro de 2017