Chus e Carminha – Referentes na tradición

Descrición do vídeo

No seu proxecto “Andar cos tempos” Chus e Carminha buscaron novos referentes na nosa tradición. Buscando en recollidas atoparon que había persoas que non cumprían cos roles de xénero que supostamente deberían cumprir. A partir de aí realizan unha reflexión de como transmitir a tradición dende estes referentes, fuxindo dos modelos estáticos para os xéneros e tendo en conta a diversidade.

Datos do vídeo

Chus Caramés (Moalde, Silleda) e Carme Campo (Chíxere, O Porriño)
Bailadoras e mestras de baile na Gentalha do Pichel e Ítaca
Gravado no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
13 de xaneiro de 2017