Chus e Carminha – Arquivos

Descrición do vídeo

Chus e Carminha mostran a súa opinión sobre a propiedade dos arquivos de música e baile. Neste diálogo reflexionan sobre o que conleva que sexan públicos; sobre as contribucións que fixeron as persoas que os realizaron á nosa tradición; e sobre posibles solucións para este debate.

Datos do vídeo

Chus Caramés (Moalde, Silleda) e Carme Campo (Chíxere, O Porriño)
Bailadores e mestras de baile na Gentalha do Pichel e Ítaca
Gravado no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
13 de xaneiro de 2017

Feb, 18, 2017

0