Chus e Carminha – Como chegaron ao baile

Descrición do vídeo

Chus e Carmiña fálannos de como comezaron a bailar. Ambas tiveron unha experiencia similar, tanto no Porriño como en Moalde, o baile era a mellor oportunidade para estar coas amigas. Tardaron bastantes anos en interpretar que significa aquilo que bailaban e como se conecta coa tradición.

Datos do vídeo

Chus Caramés (Moalde, Silleda) e Carme Campo (Chíxere, O Porriño)
Bailadoras e mestras de baile na Gentalha do Pichel e Ítaca
Gravado no Museo do Pobo Galego
13 de xaneiro de 2017