Carme e Elvira – Nesta casa cantamos todas

Descrición do vídeo

“Nesta casa cantamos todas, desde eu que son a máis vella ata Uxía que é a máis nova”, explica Elvira. Carme conta como descubriu que súa avoa Elvira era cantadora e bailadora unha vez que comezou a recoller pezas e bailes coa súa irmá, sendo xa mozas.

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017