Carme e Elvira – Machismo e papel da muller no ensino de baile

Descrición do vídeo

Carme e Elvira contan a súa experiencia como mulleres no ámbito da música tradicional. Para Carme, comezar a recoller ás persoas máis vellas foi unha revelación, ao encontrar mulleres sacando punto e bailando unhas coas outras, algo que tamén a axudou como mestra. Pola súa banda, Elvira lembra como sendo nena, “bailar unha muller con outra era algo feo”, unha realidade “difícil de explicar á xente de agora”.

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017