Carme e Elvira – Ensinar e aprender das persoas vellas

Descrición do vídeo

Na A.C. Brisas do Quenllo, na Pontraga, xuntouse alumnado de todas as idades. Tamén moitas persoas vellas, que aínda que xa bailaban de mozas se sentiron ben aprendendo das rapazas máis novas, como Carme. Para Elvira, “aprender a tratar a xente é tan importante como aprender a bailar”.

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017