Carme e Elvira – A cadea de transmisión na música

Descrición do vídeo

Elvira e Carme explican de que xeito rompeu a cadea de transmisión da música e do baile, tanto na súa familia como na parroquia en xeral. O fío rompeu especialmente na xeración que se sitúa entre elas, moi afectada pola emigración, e logo volveuse unir a partir do traballo das netas. “Desde que viñeron estas collín outro ambiente de vida”, conta Elvira.

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017