Carme e Elvira – Asociacionismo no rural

Descrición do vídeo

Carme narra como o nacemento da A.C. Brisas do Quenllo revitalizou a parroquia. A partir da asociación recuperáronse as festas e reconectáronse as persoas, un traballo que considera “moi necesario” nun rural “desarticulado”. “As asociacións en zonas rurais fan moita falta”, remarca. div>

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017