Carme e Elvira – Achegamento ao baile e primeiras recollidas

Descrición do vídeo

Carme explica como foron os seus inicios no baile, moi influída polo traballo da Sección Femenina, e de que xeito cambiou a súa forma de velo unha vez que comezou a facer recollidas cos vellos da zona. Para ela, a sorte que tivo a súa xeración foi poder aprender da escola e máis das persoas vellas.

Datos do vídeo

Carme Iglesias, mestra de baile, pandeireta e canto tradicional
Elvira Becerra, bailadora, tocadora e informante
Gravado na súa casa da Pontraga, Numide, Tordoia
8 de decembro de 2017